Presentación de actividade de promoción do Camiño de Santiago organizada pola Orde do Camiño de Santiago. No Salón de Plenos da Casa Consistorial de Mondoñedo o martes día 29 de setembro ás 11h. tivo lugar a presentación da xornada de promoción do Camiño Camiño Norte a Santiago que terá lugar en Mondoñedo o día 17 de outubro de 2020 a partir das 11:30 h da mañá, dentro do proxecto "Coñece os Camiños" organizado pola Orde do Camiño de Santiago en colaboración co Xacobeo. |
Ao acto asistiron:
- Sr. D. Alejandro Rubín, Vicepresidente Executivo da Orde do Camiño de Santiago
- Sr. D. Jesús Ares, Conselleiro da Orde do Camiño de Santiago
- Sr. D. Manuel Ángel Otero, Presidente, Alcalde do Excmo. Concello de Mondoñedo
- Sra. Dna. María Patricia Otero - Concelleira de Camiño do Norte, Asociacións e Participación Cidadá do Excmo. Concello de Mondoñedo
Abriu o acto o Sr. Alcalde que resaltou a gran importancia do Camiño de Santiago para Galicia e para Mondoñedo así como o gran traballo que está a realizar a Xunta e o Xacobeo na promoción dos Camiños e do Camiño Norte en especial.
Tamén agradeceu o traballo da Orde do Camiño de Santiago e o seu interese pola realización do evento en Mondoñedo que abrirá o programa "Coñece os Camiños".
D. Alejandro Rubín, Vicepresidente Executivo da Orde
resaltou a importancia do Camiño e deste tipo de activades destinadas á promoción do mesmo, tanto para a xente de fora como á xente de Mondoñedo e da comarca, para poder coñecer de primeira man a riqueza que supón este gran recurso.
Pola súa parte D. Jesús Ares, expuxo o programa de actividades do evento.
Para rematar o acto impuxéronse Panos da Orde do Camiño de Santiago ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Mondoñedo e á Sra. Concelleira de Camiño do Norte, Asociacións e Participación Cidadá do Excmo. Concello de Mondoñedo.Haz clic aquí para editar.