O Inorde promocionará a Vía da Prata, o itinerario xacobeo que pasa por máis concellos da nosa provincia ao chegar a preto de 30 municipios, durante a celebración da Mobile Week Ourense. Por elo, 📆o vindeiro sábado, 20 de novembro, o Inorde organiza unha xornada que achegará aos participantes parte da enogastronomía, patrimonio e natureza, que os viaxeiros se poden atopar ao longo desta ruta e todo elo acompañados por unha guía profesional. 📍A viaxe comezará ás 10.00 horas, poñendo a disposición dos inscritos un autobús 🚞 que sairá desde a capital (intercambiador da Alameda). A primeira parada será en Cea, onde terán a oportunidade de gozar dunha das experiencias turísticas máis emblemáticas do municipio, a visita a un forno tradicional de Pan de Cea 🍞 para coñecer o proceso de elaboración dun dos produtos enogastronómicos de referencia na nosa provincia. Posteriormente, realizarán un percorrido a pé🚶do tramo do Camiño desde Pieles a Oseira. Unha vez alí, visitarán un dos referentes patrimoniais ourensáns como é o Mosteiro Cisterciense de Santa María la Real. Por último, de regreso poderán testar a aplicación “Vía de la Plata Segura”📲, que será lanzada proximamente e que suporá un pulo importante para garantir a seguridade no Camiño, demostrando así os beneficios que reportan os avances tecnolóxicos no desenvolvemento turístico do territorio. 📌A actividade, aberta a todo o público, rematará sobre as 13.30 horas. |