A Orde do Camiño de Santiago presentou este mércores en Compostela a Academia Xacobea, un centro de estudios asociado que nace para "reforzar a investigación e a difusión" do fenómeno xacobeo.
No acto, o presidente da Orde do Camiño, Miguel Pampin destacou a necesidade de crear esta Academia a xeito de "centro de estudios" e "investigacións" sobre o Camiño de Santiago, o mundo #xacobeo e o Apóstolo.
Seguindo o ronsel das ordes da Idade Media, a do Camiño de Santiago abre as súas portas aos membros que esta institución ten en máis de 25 países e que teñan "unha idea que desenvolver" en relación ao mundo xacobeo. "Queremos que sexa un lugar receptivo a todos os estudosos sobre a historia xacobea", dixo Pampín.
Para a dirección desta Academia, a Orde elixiu ao estradense Xesús Palmou, do que Miguel Pampín destacou o seu "amor por Galicia", a súa capacidade para "dirixir e coordinar equipos de traballo" e o "prestixio institucional e nacional" do que goza. Ocupana vicedirección desta institución outro estradense ilustre, o mestre Enrique Otero.
REFORZAR A INVESTIGACIÓN
Durante a súa intervención, Xesús Palmou destacou a importancia de "reforzar" e agrupar os labores de investigación e difusión do fenómeno xacobeo en todo o mundo.
Para exemplificar a importancia desta cuestión a nivel internacional, Palmou destacou que, entre 2011 e 2014, se editaron en España, Portugal e Brasil máis de 500 libros de temática xacobea, que tamén está presente en ámbitos como a música ou o cinema.
De cara ao futuro, o director da Academia destacou a creación o próximo ano, o colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, do I Premio de Novela Camiño de Santiago.
Durante o acto tivo lugar o ingreso oficial como académico numerario do catedrático da USC e amigo D Marcelino Agís Villaverde. Durante os próximos meses, a Orde difundirá a Academia por diferentes comunidades autónomas para incrementar a súa nómina de académicos en "distintas disciplinas".